Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 22 de Marzo de 2026 a las 13:29:32 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Un ano máis Mos Axuda no Nadal

Hoxe realizouse o acto de recollida de todos os alimentos e xoguetes doados por empresas, entidades e particulares colaboradores. Os produtos comestibles comezarán a repartirse inmediatamente grazas ao traballo dos voluntarios

Onte tivo lugar na Axencia de Colocación ás 09.30 horas o acto de entrega por parte do empresariado mosense e demais entidades colaboradoras da súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.


No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, representantes da directiva de AEMOS, representantes das empresas colaboradoras coa campaña, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, Julia Loureiro, concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego e voluntarios/as de Mos Axuda.


Arévalo, rexedora local mosense, aproveitou o encontro para agradecer encarecidamente o enorme apoio nesta campaña de AFAMSA, (doazón de lotes de alimentos), AVI (tarxetas para compra de alimento fresco en supermercados) DISGOBE (alimentos non perecedoiros e xoguetes), NORIBERICA (producto conxelado), NEXOTED (doazón económica) INDUSTRIAS AFINES (doazón económica para alimentos), AUTOS RIVADA (doazón económica para compra de agasallos) SERBAFER BATERÍAS (doazón económica para alimentos), MECOXI (doazón económica), IES DE MOS, (recollida de alimentos), ESCOLA INFANTIL TRASTES (recollida de alimentos e compra de xoguetes), TESIS GALICIA (lotes de productos para bebés e lotes de productos de navidad e alimentos non perecedoiros), PESCADERIA LUZ DE PEINADOR (subministro de peixe durante todo o ano), AEMOS (colaboración con xoguetes), PAZO DE MOS (entrega de alimentos no perecedoiros do Belén Solidario), PEÑA CELTISTA DE MOS, (compra de alimentos). Tamén se recolleron alimentos nos colexios públicos de Mos Ceip Atín, Ceip Mestre Martínez Alonso, Ceip Mestre Valverde Mayo, e Ceip Petelos. Ademais inscribíronse na campaña de compra de xoguetes algúns particulares.


Os produtos comestibles comezarán a repartirse de xeito inmediato grazas ao traballo dos/as voluntarios/as.
A campaña Mos Axuda de Nadal 2021 é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias pola crise derivada da COVID-19.


A gran recollida de alimentos rematou o 20 de decembro. Dentro da campaña Mos Axuda no Nadal trabállase tamén desde fai anos no proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a este Nadal quede sen facerse realidade.


O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado nas oficinas da Axencia de Colocación de Mos antes do 30 de decembro, indicando no paquete o número da carta asignada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.