Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 09:57:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

David Regades e alcaldes da Guarda e Tui participan na manifestación "en contra dos recortes" na sanidade

O secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, tomou parte na manifestación celebrada onte á noite na Guarda en protesta polos recortes na rede de atención primaria do Baixo Miño. Regades, que estivo acompañado do alcalde guardés, Antonio Lomba, e do de Tui, Enrique Cabaleiro, denunciou a precariedade e a insuficiencia do servizo que está a recibir a veciñanza destes concellos. Máis dun milleiro de persoas tomaron parte nesta protesta.

 

Tan só nos concellos da Guarda, Oia e O Rosal faltan, nestes momentos, entre prazas vacantes e baixas de longa duración, un total de 8 médicos e unha pediatra. “A Sanidade é o máis básico dos servizos básicos e o que está a suceder na Atención Primaria é unha vergoña. Así non, señor Feijoo”, afirmou Regades, quen afeou ademais á Xunta de Galicia que teña a ousadía de aprobar uns Orzamentos Xerais para 2022 no que o orzamentado para Atención Primaria se  reduce en 2 millóns “mentres Feijoo presume dunha groseira rebaixa de impostos aos máis ricos”.

 

A manifestación, que comezou na Alameda percorreu boa parte do centro urbano da Guarda e rematou na praza do Reló, diante da Casa do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.