Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 27 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Concello do Rosal alegará contra o parque eólico do Merendón

A Xunta publicou no DOG que o proxecto entra en estudo ambiental e será tramitado por urxencia

O Concello do Rosal anuncia que alegará contra o parque eólico do Merendón. A Xunta publicou  no DOG que este proxecto, que inclúe cinco aeroxeradores, cinco centros de transformación e dúas subestacións entre Oia e O Rosal, será tramitado por urxencia e que está en fase de estudo ambiental. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anuncia que “no Rosal non vamos apoiar nunca unha forma de proceder e de actuar que favorece aos oligopolios enerxéticos fronte aos dereitos das comunidades locais e o interese colectivo”.


A rexedora tamén se mostra contrariada con que a publicación no DOG desta resolución sexa en plenas festas, con moito persoal municipal de vacacións, e que o prazo de presentación de alegacións sexa soamente de 15 días a contar dende mañá. “A pesares das grandes dificultades que supón para nós esta forma de actuar da Xunta, imos a presentar todas as alegacións que consideremos pertinentes”, incide.

 

 

 

 

A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que “estamos en contra dun plan eólico que favorece os oligopolios enerxéticos fronte aos dereitos das comunidades locais e colectivos”

 

 

 


Ánxela Fernández engade tamén que no Rosal non estamos en contra de impulsar as enerxías renovábeis, entre elas a eólica, xa que “precisamos un modelo alternativo ao consumo do petróleo que poña en valor a potencialidade do noso territorio de xeito sustentábel e beneficie o desenvolvemento económico a nivel galego, e non un que é depredador e responde exclusivamente aos intereses externos”.


“Estamos en contra deste proxecto eólico da Xunta e da forma de proceder das empresas promotoras que, amparadas no plan do Goberno galego, non deixan de presentar proxectos para ponderar a aceptación das administracións e da xente do territorio. Enerxías renovables si, pero non así”, conclúe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.