Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 27 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Entrega dos premios do seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro. Os establecementos gañadores recibiron os galardóns de mans da alcaldesa Verónica Tourón, e da presidenta de ACISA, Elisa Rodríguez Vaqueiro, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Salceda.


Os establecementos premiados tras a votación popular realizada ao longo do concurso foron:  na categoría de tapa, o 1º premio para La Marujita, coa tapa Arepa Galega, e o 2º premio para O Recuncho, coa tapa Recuntaquiños. E na categoría de pincho, 1º premio Cafetería Altamira, co pincho Terra e Mar, e o 2º A Tabertenda, co pincho Ecomexillón.


No mesmo acto realizouse o sorteo de tres vales entre as persoas que degustaron as tapas e os pinchos: un vale de 100 euros aportado polos locais participantes para consumo nos seus establecementos, un vale de 300 euros aportado polo Concello de Salceda para o consumo en todo o comercio local, e un vale de 500 euros aportado por ACISA (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda) para consumir nos establecementos asociados.


Tamén se fixo entrega dos agasallos directos ás persoas que completaron a ruta selando en todos os establecementos participantes.


Con esta iniciativa a alcaldesa e concelleira de comercio quixo poñer de relevo a marca #ConSalceda, coa finalidade  de convertela nunha referencia e seguir dinamizando e dando visibilidade ó comercio e a hostalería local, axudando así a un dos sectores máis afectados pola pandemia, e que sufriu restricións que non lles permitiron desenvolver a súa actividade de xeito normal, con limitacións en horarios e aforos, ademais de peches. Así como acentuou “a colaboración e aportación da asociación de comerciantes e dos establecementos que participaron”.

 

Verónica Tourón: “continuaremos a por en marcha iniciativas que activen e dinamicen a economía de Salceda. Investir no noso comercio e hostalería é investir en toda a veciñanza”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.