Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas homenaxea o pintor Rogelio Lorenzo

O escritor Manrique Fernández presentará un libro sobre o artista o mércores ás 19.00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal

[Img #73291]Ponteareas leva poñendo en valor o traballo creativo de moitos e moitas artistas da vila dende 2018 a través da súa colección “Creadores Ponteareáns”. O pintor Rogelio Lorenzo será o seguinte homenaxeado cun acto este mércores ás 19.00 na sala multiúsos do Auditorio Municipal no que se presentará o libro “Rogelio Lorenzo. Paleta de nove cores”, do escritor Manrique Fernández.


O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca que “coa publicación deste libro queremos render homenaxe a un extraordinario pintor que, aínda non sendo de Ponteareas, levou sempre a vila no seu corazón, xa que unha das súas primeiras exposicións foi no Centro Artístico Sportivo da vila do Tea con só 11 anos”.


Este ano fixéronse 100 anos do nacemento de Rogelio Lorenzo, un pintor que destacou durante a segunda metade do século. XX e que expuxo, con gran éxito de público e crítica, na Sala  Toisón de Madrid, e na I Bienal de Arte Contemporánea Español, celebrada no Museo  Galliera de París. Tamén traballou como profesor Debuxo Artístico na  Escola de  Canteiros de Poio durante 20 anos, deixando unha fonda pegada en varios dos seus alumnos e alumnas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.