Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 27 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG acusa a EU-SON e PSOE de entregar a alcaldía do Porriño

A dirección local do BNG responsabiliza a EU-SON e PSOE da entregar a alcaldía ao PP. Durante todo este proceso botamos en falta un debate sobre propostas e ideas. En cambio, asistimos a negociacións nas que priorizaron sempre persoas e cargos diante de iniciativas e proxectos para mellorar a vida do concello. E así, O Porriño vólvese ver prexudicado por enfrontamentos persoais que impiden chegar a acordos en beneficio da cidadanía.

 

Segundo o relato nacionalista "a estratexia de bloqueo que EU-SON compartíu co PP nos plenos, culminou coa negociación dunha moción de censura que fixo dimitir a Eva García e que serviu finalmente para entregarlle o bastón de mando a Alejandro Lorenzo. A irresponsabilidade do PSOE ao non negociar unha persoa candidata de consenso para a nova investidura, en lugar de fortalecer unha alternativa de goberno ao PP, regaloulle, grazas a abstención de Manuel Carrera, a alcaldía" aseguran.

 

O BNG sinala que "Alejandro Lorenzo non é un recén chegado á política. Participou na moción de censura contra o BNG no 2010 e estivo a cargo no concello de áreas tan sensibles como a de Emprego, onde desenvolveu unha política clientelar que non respectou a igualdade de oportunidades. A súa reivindicación do legado de Barros e Nelson Santos no día da investidura deixan ben ás claras o continuismo que representa dentro da dereita porriñesa" segundo aseguran nun comunbicado emitido polos nacionalistas porriñeses.

 

"No BNG temos claro O Porriño que queremos e sempre que temos responsabilidades de goberno avanzamos cara a unha vila pensada para o benestar das persoas, con mellores servizos, peonil, máis verde. A entrada do PP vai frear estes avances. Desde hoxe traballaremos para retomar no 2023 o noso proxecto transformador. Polo BNG pasa calquera alternativa de goberno ao PP no Porriño. Un Bloque máis forte será garante dun goberno de esquerdas que defenda o interese xeral da veciñanza" conclúen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.