Martes, 11 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O Porriño

Alejandro Lorenzo fai pública as delegacións dos seus concelleiros

Créase unha área especiífica para a Terceira Idade que desenvolverá Ascensión Rosario Costa

O alcalde Alejandro Lorenzo fixo público hoxe o reparto de responsabilidades e delegacións entre os seus concelleiros. Destaca a creación das áreas de Atención Cidadá e Transparencia que dependerán da concelleira Antía Carrera .

 

Tamén é novidade subliñable a creación da área de Terceira Idade que desenvolverá Ascensión Rosario Costa. Trátase dunha concellería específica para dar resposta ás necesidades das persoas maiores e "garantir que a nosa vila ofreza a calidade de vida que merecen, traballando conxuntamente co resto de departamentos".

 

A distribución de áreas e delegacións é a seguinte.

 

O propio alcalde, levará as áreas de Economía e Persoal.

 

Abel Estévez, que será o primeiro tenente de alcalde levará Seguridade, Policía Local, Protección Civil, Voluntariado, Deportes e Benestar Social.

 

Carolina González, segunda tenente alcalde, desenvolverá as delegacións de Educación, Uned e Programas Europeos; Igualdade; Sanidade e Normalización Lingüística.

 

Ramón Porto será o concelleiro responsable de Vías, Obras e Servizos

 

Antía Carrera levará Urbanismo, Patrimonio Municipal do Solo, Contratación, Comercio, Mercado, Atención Cidadá e Transparencia, e Medio Ambiente.

 

José Carlos González terá as competencias de Parques e Xardíns; Limpeza; Lixo e Cemiterios.

 

Bienvenido Estévez colle as competencias de Traída de Augas Veciñais; Asociacións; Parroquias; Novas Tecnoloxías; Xuventude; Cultura e Festas.

 

Por último, Ascensión Rosario Costa asume a nova área de Terceira Idade e ademais as deegacións de Industria, Turismo, Formación e Emprego.

 

“EQUIPO POR E PARA O PORRIÑO”

As competencias repártense entre os oito concelleiros do equipo. A idea é desenvolver un traballo transversal e coordinado que beneficie á cidadanía", explicou o alcalde.

 

Trátase de “un equipo por e para O Porriño”, afirmou Alejandro Lorenzo como síntese do esquema de traballo que propón.

 

“Xorden problemas e demandas cotiáns que non afectan só a un ámbito senón ao conxunto do Concello e tamén a diversos sectores da poboación e por iso son necesarias actuacións integrais para optimizar os recursos dos que dispoñemos, aproveitar as sinerxías, e dar unha maior eficiencia e eficacia. calidade do servizo que prestamos”, engadiu o rexedor municipal.

 

Alejandro Lorenzo mostrouse satisfeito de ter un equipo cohesionado que traballe xunto e témolo“. E citou como proba diso” o traballo da brigada de Deportes que se encarga de arranxar os parques infantís; ou a cooperación das concellerías de Vías e Obras, Servizos, Limpeza Viaria, Parroquias e Asociacións nas actuacións urxentes de lavado e limpeza como a que hoxe se leva a cabo no entorno da Igrexa de Santa María”, concluíu Alejandro Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.