PONTEAREAS
Incendio nunha casa en Ponteareas
Un incendio provocou danos nunha casa situada no lugar da Raño, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.
Concretamente, o incendio deixou calcinadas dúas habitacións e o faiado da vivenda.
O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ás catro e medio desta tarde, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba na súa comunicación, a causa do incendio era o mal funcionamento dunha cociña de leña e engadía que ningunha persoa estaba ferida.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil, de Protección Civil e da Policía Local.
Tras sufocar o incendio, os servizos de emerxencia levaron a cabo a ventilación da casa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61