Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 31 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Comezan as obras de mellora no pavillón de Salvaterra

Aproveitando o parón do Nadal e a cancelación temporal das actividades por mor da COVID, o Concello de Salvaterra de Miño puxo en marcha as obras de mellora no Pavillón Cándido Carrera.

 

O obxectivo da obra consiste en facer o pulimento da pista, así como a substitución das tarimas estragadas polo uso constante e pintar novamente as liñas que marcan as superficies regulamentarias de cada disciplina deportiva que ofrece a instalación.

 

É unha obra tan necesaria como urxente, xa que @s nos@s deportistas precisan dunha instalación adecuada para unha práctica segura e non se poden demorar para que non lles afecte nos seus adestramentos, tendo en conta tamén que á volta do Nadal os colexios e as ANPAS tamén retoman as súas actividades.

 

Por todo isto  o parón será mínimo para que o día 10 de xaneiro cando comecen as clases, o pavillón presente un novo aspecto rexuvenecido e quede listo para cubrir as necesidades propias d@s deportistas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.