GALICIA
A Xunta ingresa o complemento extraordinario das pensións non contributivas
O Goberno galego investiu preto de 7 millóns e medio de euros nesta axuda, que beneficia a un colectivo que o necesita moi especialmente
A Xunta de Galicia ingresou xa o complemento extraordinario para os preto de 36.000 perceptores de pensións non contributivas da nosa Comunidade. Adiantou esta axuda destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciáns e enfermas perceptoras do fondo de asistencia social e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.
O Goberno galego investiu preto de 7 millóns e medio nesta achega, que beneficia a un colectivo que o necesita moi especialmente. O ingreso realizouse por oficio o a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos e ascende a 206 euros por persoa.
Está destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciás e enfermas perceptoras do fondo de asistencia social e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos
Galicia foi das poucas comunidades que mantivo de xeito ininterrompido durante os últimos anos este complemento, que non é obrigatorio, senón que son as propias comunidades autónomas as que deciden o seu mantemento.
Adianto na Risga
Así mesmo, a Administración autonómica tamén adiantou o ingreso da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) para antes do Nadal para que todas as persoas que precisen puidesen contar coa axuda antes destas datas tan sinaladas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58