VIGO
Caballero pide á Xunta que compatibilice o Ingreso Mínimo Vital e a Risga
Segundo expuxo esta semana en rolda de prensa, en Galicia, case 17.000 persoas teñen acceso ao IMV mentres a Risga "no momento que tivo máis perceptores, foron 10.700". Lembrou que en Vigo os dous mecanismos poden percibirse xunto ás axudas de emerxencia
O alcalde de Vigo urxe ao goberno galego a facer compatible a percepción do Ingreso Mínimo Vital e a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) a través dunha reforma lexislativa. Apuntou que a aprobación da Lei do Ingreso Mínimo Vital supuxo "melloras para que o perciba máis xente" e detallou que "case 17.000 persoas" ten acceso a este mecanismo, mentres "a Risga, no momento no que tivo máis perceptores, foron 10.700".
Para Caballero, o IMV amosa un comportamento "moito mellor" que o mecanismo da Xunta, cuxo nivel de cobertura "sempre foi moi baixo". De feito, asegurou que "apenas o 6% de persoas en situación de pobreza" perciben a Risga, mentres o alcance do IMV é "do dobre" e "con tendencia a crecer de forma importante".
O rexedor lamentou que estes dous mecanismos sexan "incompatibles" en Galicia, o que "non pasa no País Vasco", engadindo que en Vigo ámbolos mecanismos poden percibirse xunto ás axudas de emerxencia municipais. Así, censurou que que, grazas á distribución do IMV, a Xunta "aforra diñeiro da Risga" e "fai caixa á conta da política social".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8