Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 09:02:55 horas

Xornal21.es
Sábado, 01 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Volven os campamentos DepoAventura A Lanzada no 2022

Luz verde da Deputación á contratación da asistencia educativa para DepoAventura A Lanzada 2022

Volven os campamentos despois de dous anos de parón pola pandemia e darán cabida a 1.540 nenas e nenos que desfrutarán de actividades socioculturais, recreativas, medioambientais, científicas e de convivencia

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ao proceso para contratar a asistencia técnico-educativa e a xestión do programa DepoAventura A Lanzada que se retomará neste próximo ano 2022. O programa, aberto a 1.540 nenas e nenos da provincia nados entre 2009 e 2014, estenderase entre o 26 de xuño e 10 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración, nas que se programará un completo programa de actividades socioculturais, recreativas, medioambientais, científicas e de convivencia. A Deputación destinará preto de 260.000 euros á contratación da empresa encargada do proxecto, que incluirá ademais actividades en inglés, unha excursión á illa de Ons e outra visita cultural nas Rías Baixas.

 

“Depo Aventura A Lanzada” retorna convertido nun campamento “diferente”, adaptado a unha nova realidade na que se deberá primar o mantemento das distancias, as extremas medidas de hixiene e as recomendacións que vaian indicando en cada momento as autoridades sanitarias. Sen deixar de lado estas premisas, en cada unha das 11 quendas, as 140 nenas e nenos que participarán en cada unha delas poderán desfrutar dunha completa programación cos obxectivos do fomento de hábitos de vida saudable,  actitudes solidarias e de convivencia, a educación en valores e a igualdade, o fomento do interese pola ciencia e o respecto ao medio ambiente.

 

Tamén haberá actividades alternativas para os días de mal tempo ou choiva, unha excursión á illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza ou o medio ambiente. Igualmente, celebrarase un obradoiro para seleccionar unha mascota por cada unha das quendas. Xunto a estas iniciativas, realizaranse actividades en lingua inglesa (como mínimo dúas horas por quenda neste idioma) e para o caso de menores con necesidades especiais disporase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas características.  Amais, todas serán prestadas por un equipo técnico especializado en animación sociocultural e tempo libre, que, como mínimo, deberá estar integrado por unha persoa na dirección, 18 monitoras/es, 1 graduada/o en Enfermería e 1 socorrista.

 

DepoAventura a Lanzada ten lugar no espazo que a Deputación ten a carón da Praia da Lanzada no Grove, que ten sido mellorado nos últimos tempos coa ampliación das zonas de comedor, o acondicionamento da zona de árbores e a dotación de máis tendas de campaña para cumprir as distancias  xa que a nova normativa prevé, por exemplo, que nas tendas en lugar de 5 crianzas durman 3. En liñas xerais, ofertará 1.330 prazas polo procedemento xeral (110 € por praza ou 80 € no caso de familias numerosas ou monoparentais) e 210 para menores en risco de exclusión social, das cales 25 quedan reservadas para os nenos e nenas de Príncipe Felipe. As prazas serán adxudicadas por sorteo e haberá lista de agarda. Ademais no sorteo darase preferencia a aqueles menores que cumprindo os requisitos non puideron participar no Campamento do 2019 a pesar de estaren seleccionados ou seleccionadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.