GALICIA
A Xunta destina 2,1 millóns de euros para compensar danos do lobo e o xabaril
Este orzamento permitirá ao Goberno galego atender máis de 2.000 solicitudes de axuda para compensar os prexuízos que provoca a fauna silvestre e que son denunciados a través do teléfono 012
A Xunta de Galicia convoca as axudas para paliar os danos que provocan o lobo e o xabaril ao sector agrogandeiro, por un importe global de preto de 2,1 millóns de euros, que se poderán solicitar desde mañá.
Tendo en conta o orzamento dispoñible e o resultado das convocatorias anteriores, estímase que en 2022 poderán beneficiarse das dúas ordes de axudas —publicadas no Diario Oficial de Galicia— máis de 2.000 titulares de explotacións gandeiras e persoas que sufran danos nos seus cultivos agrícolas.
Unha das novidades da convocatoria para paliar os danos producidos polo lobo é a inclusión dun importe adicional, en concepto de lucro cesante, para o gando bovino e ovino-cabrún reprodutor de carne e leite (femias). Suporá un incremento dun 10% nos importes das reses bovinas con maior afectación polos danos (bovinos maiores de 2 anos) e equinos menores de 4 meses; de case un 12% en ovinos menores de 6 anos (pasan de 59 a 70€); e dun aumento dun 18,6% para os años (103 a 115€).
A convocatoria conta cunha partida inicial de case 650.000 euros, polo que a Xunta mantén o esforzo realizado nos últimos anos tendo en conta o escenario incerto e inseguro xuridicamente que se presentou para o sector desde o mes de setembro, a raíz da publicación da orde do Goberno central que elevou o status legal da especie mediante a súa inclusión na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial.
A orde recolle un ano máis a posibilidade de sufragar os gastos veterinarios das reses que resulten feridas e, de ser necesario no caso de sufrimento grave e irreparable, tamén cubrirá os gastos de eutanasia acreditados e realizados de forma regrada por un profesional. Novamente, serán subvencionables os abortos que sufran as reses, como consecuencia do acto de depredación e tras a correspondente acreditación veterinaria.
As contías das axudas xerais concedidas variarán en función das especies afectadas e dos tramos de idade, oscilando entre os 26 euros dun exemplar de gando ovino/cabrún adulto e os 1.817 euros dunha vaca de raza autóctona de entre dous e seis anos de idade.
Así mesmo, estes importes poderán incrementarse nun 30% en 103 concellos indicados na propia orde —aqueles incluídos na Zona 1 ou naqueles ámbitos nos que rexistraran danos reiterados— e nun 10% no caso daquelas explotacións nas que se comprobara a aplicación de medidas preventivas avaliadas de xeito favorable.
A estas axudas poderán acollerse titulares de explotacións gandeiras, inscritos no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (Rega), afectados por ataques de lobo á gandería que comuniquen os danos desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.
Estes incentivos súmanse ao investimento de 4,6 millóns de euros realizado no período 2016-2021, en liñas de axudas para a adquisición e instalación de medidas preventivas fronte aos danos que o lobo ibérico ocasiona nas explotacións agrogandeiras, así como para indemnizar aos afectados.
1,5 M€ para paliar os danos do xabaril
En canto á orde de axudas para paliar os danos do xabaril sobre cultivos, a nova convocatoria dispón dun orzamento de 1,45 millóns de euros. Unha das novidades é que se incrementa o importe máximo da axuda nun 25%, xa que se fixa nos 2.500 euros, fronte aos 2.000 euros por beneficiario que estipulaba a anterior convocatoria.
A estas axudas poderán acollerse titulares de explotacións gandeiras, inscritos no Rega ou de autoconsumo, afectados por ataques de xabaril nos seus cultivos que comuniquen danos desde o 11 de outubro de 2021 ata o 10 de outubro de 2022.
Cómpre lembrar que, entre outras medidas, a Xunta declarou o pasado mes de agosto a emerxencia cinexética temporal en 29 comarcas galegas —198 concellos, un 68% da superficie galega— para frear os danos do xabaril, que estará en vigor ata o 27 de febreiro de 2022 se non se suspende antes.
Danos provocados polo oso
Por último, o pasado 17 de decembro tamén se convocou a orde de axudas para paliar os danos que provoca o oso pardo en explotacións gandeiras e, de forma particular, naquelas dedicadas á apicultura, por un importe de 60.000 euros. Esta é a segunda vez que se convoca esta liña de axudas e dá continuidade á de 2021, que se pechou coa concesión dun total de 25 axudas por un importe de case 37.000 euros.
Os beneficiarios desta convocatoria —que poden presentar as súas solicitudes ata o 18 de xaneiro— son os titulares de explotacións gandeiras inscritos no Rega, así como propietarios de colmeas, que se viran afectados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58