Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 30 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal suspende a San Silvestre pola situación sanitaria do municipio

O Concello informa que ante a alta incidencia da Covid é mellor ser prudentes e anular a actividade

[Img #73360]O Concello do Rosal suspende a carreira San Silvestre que se ía celebrar este venres pola alta incidencia de Covid no municipio e na Área Sanitaria de Vigo. A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que “nos dá moita mágoa anular esta festa do deporte, pero é o que debemos facer por responsabilidade e pola saúde de todas as persoas que ían participar”.


A proba tivo unha gran aceptación e tiña moitas persoas inscritas, pero tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, “consideramos que é a decisión máis acertada”, afirmou a rexedora.


O Concello quere agradecer o traballo de todas as persoas que se esforzaron moito por sacar adiante, así como aos e ás deportistas que se apuntaron á carreira. “Agardamos desfrutar ao máximo da do ano que vén. Agora é tempo de coidarse para deixar o virus atrás”, afirma Ánxela Fernández, ao tempo que engade que seguirán planificando actividades sempre que sexa posible,  coa máxima seguridade, respectando a normativa e priorizando a saúde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.