Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 08:26:37 horas

Xornal21.es
Viernes, 31 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O lema SOMOSMOS presente en todas as rotondas fronteirizas

As rotondas e interseccións viarias nos límites cos concellos veciños xa contan todas cos sinais luminosos instalados

O slogan municipal SOMOSMOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños e veciñas, que grazas a el ven reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión.


Neste sentido, para reforzar aínda máis ese sentimento veciñal de orgullo de formar parte do pobo de Mos, para dar a benvida ao municipio e tamén con obxectivos informativo e estético de embelecemento dos viais, o Concello de Mos instalou en 2021 a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e insterseccións viarias dos accesos a Mos desde concellos limítrofes, que comezaba a principios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga (límite con Vigo).


E remata o 2021 cos novos letreiros lumínicos en Cela-Alto de San Cosme (límite con Vigo), Louredo-Os Valos (límite con Redondela), Torroso-Peinador (límite con Vigo) e Guizán-Santiaguiño (límite con Redondela).
Nas rotondas das Angustias e Costilleta (límite co Porriño) xa se atopaban instalados os sinais de SOMOSMOS desde fai varios anos. No caso da rotonda das Angustias, proxectado nas pantallas da fonte instalada no centro da glorieta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.