Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 03 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

Detido por ameazar cun coitelo ao seu pai

Imaxe dunha patrulla da Policía Local / ArquivoImaxe dunha patrulla da Policía Local / Arquivo

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención dun veciño da localidade porriñesa por ameazar cun coitelo ao seu pai ancián. Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.

 

Era o dono dun bar próximo á casa do pai, quen avisou aos axentes do que estaba a suceder, conseguindo ocultar ao home maior no seu establecemento, para que o seu fillo non o localizase e evitar así que atacase ao seu propio pai.

 

Por este motivo, procedeuse de inmediato ao desprazamento dunha patrulla da Policía Local, que conseguiu localizar e deter ao presunto autor dos feitos, que ten varios antecedentes policiais. Foi trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro por que presentaba diversos cortes por autolesionarse cun coitelo en diversas partes do corpo.

 

Unha vez posto a disposición xudicial, o xuíz de garda ditou a súa posta en liberdade e decretou como medida cautelar unha orde de afastamento do fillo ao seu pai.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.