Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 06 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG quere que o concello merque “Villa Florida”

O BNG vén de rexistrar unha moción solicitando do pleno da corporación municipal un acordo para a compra por parte do Concello do Porriño do conxunto arquitectónico “Villa Florida”, na rúa Manuel Rodríguez. A moción presentada polo Bloque contempla que a edificación teña un uso cultural e que os xardíns se abran á veciñanza do Porriño.

 

“Villa Florida” é un fermoso conxunto residencial de arquitectura ecléctica de influencia francesa. Construído entre finais do século XIX e comezos do XX polo matrimonio formado por Manuel Rodríguez e Angelina Bonín, é un dos exemplos máis relevantes no país da denominada arquitectura de promoción indiana. Pertence na actualidade aos descendentes de Don Francisco Arias e Dona Matilde Antonia Avendaño, familia que cunha gran sensibilidade conservou durante décadas o conxunto arquitectónico sen alteración, facendo posíbel que chegara até nós mantendo o seu aspecto orixinal. Nos últimos días fíxose público o interese da familia por vender a propiedade.

 

“A súa localización estratéxica entre dúas zonas históricas e de esparexemento como son o entorno da Casa do Concello e o barrio de San Benito, xunto coa proximidade dos seus xardíns á entrada do Paseo do Louro, pódena converter nun espazo importante para a vida cultural e social do Porriño”, afirmou o portavoz municipal do Bloque, Pedro Pereira. A edificación está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. O BNG defende que o Concello do Porriño invista recursos en conservar o seu patrimonio arquitectónico e natural, polo que insta ao goberno local a negociar canto antes a compra desta emblemática edificación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.