GALICIA
UGT-Galicia pide impulsar o emprego "de calidade"
A contratación indefinida non chegou en Galicia ó 10%
UGT-Galicia considera positivos os datos do paro, pero insta a mellorar a calidade do emprego en 2022. Para iso, demanda aos grupos parlamentarios que apoien o acordo de reforma laboral, alcanzado polos sindicatos e os empresarios, para poñer fin á precariedade e temporalidade inxustificadas no mercado de traballo. O sindicato defende, ademais, que os salarios suban en consonancia co crecemento económico; esixe que o SMI se sitúe xa en 1.000 euros ao mes; e que o salario mínimo de convenio creza tamén neste novo ano ata os 1.100 euros.
Os datos de paro coñecidos hoxe confirman unha vez máis a efectividade de levar a cabo políticas de impulso económico e de protección social e do emprego en momentos de adversidade económica. A actual situación de incerteza, produto da difusión da variante Ómicron do virus, demanda seguir profundando nestas medidas a fin de que se fortaleza a actual etapa de expansión económica e os seus froitos acaben redundando positivamente no maior número de persoas posible. Neste aspecto, o recente acordo sobre a reforma laboral xogará un papel moi importante ao situar ao emprego estable e de calidade como un dos principais piares sobre os que apoiar a recuperación económica.
Así, o novo acordo en materia laboral elimina algúns dos aspectos máis lesivos das antigas lexislacións, abrindo un novo escenario para as relacións laborais que recupera equilibrios na negociación colectiva e promove a xeración de emprego estable ao desincentivar a temporalidade e a precariedade, principais acenos de identidade do noso mercado laboral durante décadas. É, sen dúbida, un moi bo acordo, que debe agora trasladarse á práctica diaria de contratación das empresas e á negociación dos convenios colectivos, impulsando de maneira consensuada un mercado laboral máis eficiente e xusto e, como consecuencia, unhas empresas máis produtivas e competitivas.
O acordo de reforma laboral debe vir acompañado dunha política salarial que se traduza en ganancias de poder adquisitivo para as persoas traballadoras Igualmente, para asegurar que o acordo finalmente acábase materializando nunha mellora das condicións laborais das persoas traballadoras, é necesario que se siga representar o 57,6% do total do desemprego, 87.841 mulleres en situación de desemprego, fronte a 64.743 homes.
Por sectores, o paro incrementouse no mes na construción, nun 6,02%, no primario, nun 4,2%, e na industria, nun 1,52%. No sector servizos caeu nun 0,72% e no colectivo de sen emprego anterior nun 4,24%.
No ano rexistrouse unha contracción acusada en todos os sectores, destacando 24.749 persoas menos no sector servizos; 3.219 na construción; 3.388 menos na industria; 4.000 no colectivo de sen emprego anterior; e 1.647 no sector primario.
En termos provinciais, medra en Pontevedra, un 1.01%; nas restantes cae, o -1,59% en Ourense, -1,46% en Lugo e -0,44% na Coruña.
No ano dáse unha forte contracción en todas elas. Caída máis contundente na de Lugo, -23.15%, na Coruña, -20,21%, en Ourense, -19,66%, e en Pontevedra, o 17,82% de caída.
Cos datos de decembro compróbase que se realizaron 72.914 contratos, o 9.46% desta contratación é de carácter indefinida. Tralo mes anterior, no que houbo unha campaña do Ministerio de conversión de contratos temporais en indefinidos, volve a ter unha porcentaxe do 9.46% a contratación indefinida sobre a total. De cada 100 contratos tan só 9.46 son indefinidos.
A asistencialidade segue a dominar as prestacións
A taxa de cobertura por desemprego en novembro de 2021 (último dato dispoñible) sitúase nun 61,5%. As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego foron 86.347. Destas, o número de persoas beneficiarias de prestación contributiva son 38.661, o 44,8%. Polo tanto, a maioría das persoas beneficiarias de cobertura de desemprego dependen de modalidades de carácter asistencial, situación desfavorable, de cada 100 prestacións, 44,8% son de carácter contributiva e o 55,2% restante son asistenciais.
Mal dato en Galicia de afiliación á Seguridade Social
En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.032.784, cae no mes o 0,26%, fronte ao aumento no mes do 0,37% no Estado. Distinta estacionalidade sectorial segundo comunidades autónomas, pero non é un bo dato en Galicia.
Medra a afiliación / cotización á Seguridad Social no ano en Galicia o 3,06%, bo indicador interanaual, tamén no Estado medra, e de forma máis acusada, no 4,08%.
En Galicia hai actualmente a 31 de decembro de 2021 tan só 1.060 traballadores e traballadoras en ERTE non COVID e 4.216 ERTE Covid-19. UGT-Galicia insiste en que os ERTEs seguen a ser imprescindibles no contexto non resolto aínda de pandemia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217