Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 09 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

Gran inicio de ano para o Club Deportivo Miño

Os Teixugos iniciaron a Liga Galega de Slálom en Mondariz con sete ouros e dúas pratas

O Concello de Tomiño quixo dar os parabéns ao Club Deportivo Miño polo seu gran inicio de ano. Este domingo dez deportistas do club botáronse as augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, para participar na primeira das competicións da Liga Galega de Slálom e volveron a casa con sete ouros e dúas pratas. “Queremos recoñecer os seus grandes resultados na última proba e tamén a súa gran traxectoria. Os Teixugos son un equipo referente do noso deporte e tamén da formación en valores de moitos e moitas rapazas”, destacan no Concello.

 

Luís Fernández realizou a mellor baixada da categoría C1 sénior en clasificatorias como en finais, e cun tempo de 102,36 segundos fíxose coa medalla de ouro. Emilio Rodríguez en K1 realizou tamén a mellor proba da súa categoría,  Ainhoa Barreiro, en categoría júnior, fíxose co ouro tanto en caiac como en canoa, mestres que en K1 júnior  Sergio Rodríguez, foi o gañador da proba, compartindo podio con Alexis Segadaes que rematou segundo, ouro e prata para os dous Teixugos.  

 

Mención especial tamén para Laura Alonso, xa que a deportista dobrou participación en categoría sénior, onde foi a única representante da categoría, subindo ao podio en solitario. “Eu son a resistencia”, afirmaba a deportista dos Teixugos con humor e facendo referencia á necesidade de campañas de promoción e fomento do deporte feminino.

 

Na proba tamén participaron Manuel Ochoa que en K1 sénior rematou a copa en segundo lugar, Brais Castro, que tivo dobre participación na categoría sénior K1 e  rematou undécimo e en C1 quinto, e Mateo Rivas e Adrián Lluch, cuarto e quinto en K1 júnior.

 

Os Teixugos arrancan este ano no primeiro lugar da clasificación final por equipos. Na clasificación da proba remataron cun total de 192 puntos, por diante dos anfitrións e organizadores, o Club Tea de Mondariz con 180 e do Piragüismo Penedo con 116.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.