Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 08 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

O BNG denuncia as deficiencias no Centro de Saúde do Porriño

Os nacionalistas acusan a Alejandro Lorenzo, 16 días despois de tomar posesión do seu cargo, de "non defender ante Alfonso Rueda os intereses do municipio".

O vicepresidente da Xunta visitou o concello "para acender as luces do Xacobeo sen anunciar ningún compromiso co Porriño en asuntos da súa competencia que continúan sen atender" explica o Bloque Nacionalista Galego nun comunicado.

 

Para os nacionalistas "o Centro de Saúde, ademais de contar cun cadro de persoal insuficiente para as dimensións do noso municipio e para os servizos que presta a outros da contorna, tampouco conta cunhas instalacións que permitan prestar unha atención digna. Despois de anos de retrasos inxustificados, a Xunta debe iniciar canto antes unha obra de ampliación para a que xa ten licenza concedida polo Concello".

 

Dende o BNG cargan en contra do goberno do PP "a Xunta está poñendo en risco a saúde dos veciños e veciñas do Porriño, e nestes días vén de agravar a situación pechando a atención primaria coa escusa da Covid-19".

 

Dúas semanas despois de que Alejandro Lorenzo (PP)  tomase posesión coma alcalde dende o BNG considera tamén "urxente" unha reforma integral do centro CEIP Fernández López. Así mesmo critican que "o PP falta no seu compromiso coas políticas sociais e de coidados no Porriño" lembrando que "cando o Bloque gobernou na Xunta e no Porriño no período 2005-2009, construíronse a escola infantil da rúa Doantes de Sangue ou o Centro de Día de Torneiros".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.