Redondela
Atrapada tras envorcar en Redondela
Unha persoa necesitou a axuda dos servizos de intervención para lograr saír do vehículo no que circulaba, logo de sufrir unha saída de vía, no concello pontevedrés de Redondela.
O accidente tivo lugar poucos minutos antes das doce. A esa hora, o 112 Galicia recibiu a alerta dun coche envorcado cunha persoa con dificultades para abandonar o seu interior na N-550.
Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Vigo e do Porriño, ao persoal sanitario e á Policía Local. Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, a persoa implicada puido ser axudada polo equipo médico coa colaboración dos axentes da Policía Local sen que fosen necesarias tarefas de excarceración.
Cómpre sinalar que desde o 112 pasouse aviso aos membros do GES de Mos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148