Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 10 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG de Mos pide a dimisión da concelleira de Servizos Sociais

O acto de entrega dos regalos de Nadal ás familias usuarias dos servizos sociais do Concello de Mos foi, en opinión do BNG, “un claro exemplo do que non se debe facer”. Os nacionalistas explican nun comunicado á prensa que "en vez de entregarlle os agasallos ás familias coa discreción que esixe a xestión dos servizos sociais, o goberno do PP optou por celebrar un evento, na mañá do 5 de xaneiro, onde as meniñas e os meniños foron pasando, un a un, para recibir os agasallos de mans dos Reis Magos. A reportaxe fotográfica, na que aparecen tamén integrantes do equipo de goberno, foi publicada posteriormente nas redes sociais do Concello", onde, segundo o BNG, "moitas persoas cualificaron de humillante o trato dispensado ás familias".

 

O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Gustavo Barcia, denuncia que “o PP pretende converter os Servizos Sociais en algo que nunca deben ser, caridade e beneficencia”. Considera que Nidia Arévalo e a concelleira responsable da área, Sara Cebreiro, realizaron “unha exposición pública innecesaria dunhas familias que están a atravesar unha situación delicada” e lamenta o reiterado uso da imaxe dos menores de idade “para aproveitamento da señora alcaldesa”. O concelleiro nacionalista cre que o acto organizado para o reparto dos agasallos “traspasa todos os límites do que é aceptable” e por iso vai esixir que a concelleira “asuma a súa responsabilidade e deixe de dirixir, con carácter inmediato, a área de servizos sociais, xa que non está á altura do cargo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.