Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 12:38:23 horas

Xornal21.es
Lunes, 10 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

Ata o 13 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre márketing, edición de vídeo ou a venta de produtos nun marketplace

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o márketing, a edición de vídeo con Canva ou a venta de produtos nun marketplace.

 

O martes 11 será Sonia Torres, con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas, quen imparta un obradoiro sobre “Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades” dirixido a empresas turísticas que ofrezan servizos de ocio e entretemento. Ao día seguinte, o mércores 12, SmartPeme ofrecerá un obradoiro no que se ensinará “Edición de vídeo básica: a nova función de Canva” da man de Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Será o xoves 13 cando María Aller, con posgrao en Comunicación Corporativa, explique “Como vender os teus produtos nun marketplace”, sitios web nos que as persoas compradoras e as vendedoras poden relacionarse para levar a cabo transaccións comerciais.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.