Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 10 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O goberno de Alejandro Lorenzo prescindirá de 5 vehículos do parque móbil

O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.


Os cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602 euros que realizou en 2019 o anterior equipo de goberno para renovar o parque municipal.


O alcalde Alejandro Lorenzo insistiu que esta decisión que xa se atopa en tramitación, "inscríbese na nosa defensa do interese público que nos obriga a priorizar gastos, pagar facturas e licitar servizos básicos. Temos máis de 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago, á espera do que conclúa a auditoría”.


O alcalde manifestou que “aínda que a situación económica fora boa, non se xustificaba a asignación dun vehículo para cada concelleiro. Coido que ningún concello de España o poida permitir. Tratábase dun luxo innecesario e inxustificable”, concluíu Lorenzo.


A maiores, o goberno municipal dispón dun informe xurídico solicitado á Deputación de Pontevedra que conclúe que a resolución deste contrato de renting sería viable “por cuestións de interese público”.


Máis vantaxes que inconvenientes
“Aínda que a devolución destes cinco vehículos podería supor unha penalización da orde de 3.300 euros por parte da adxudicataria do renting, as vantaxes son evidentes porque xeraremos a longo prazo un aforro moitísimo maior, da orde de algo máis de 53.000 euros”, explicou o primeiro tenente de alcalde Abel Estévez.


Segundo indicou, "unha vez revisada a quilometraxe e o uso do parque de vehículos de 'renting', detectamos un exceso manifesto de turismos, polo que é necesario devolver os coches de gama máis alta e de maior cilindrada", engadiu Estévez, e adiantou que “este goberno seguirá revisando se é posible prescindir dalgún máis”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.