Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal imparte un curso de 
autodefensa para mulleres

Celebrarase os días 18 e 20 de xaneiro co obxectivo de dotar ás participantes de ferramentas para defenderse ante situacións violentas

[Img #73607]O Concello do Rosal vén de abrir a inscrición para participar nun curso de autodefensa para mulleres que ten por obxectivo dotar a todas as asistentes das ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas. O obradoiro, organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, será totalmente de balde.


O curso desenvolverase no Centro Social Polivalente en dúas sesións de catro horas cada unha os vindeiros martes 18 e xoves 20 de xaneiro de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dun curso dirixido a mulleres de todas as idades cunha condición física normal na que se proporcionará adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación así como para dotar ás participantes de auto capacidades para a prevención de posibles situacións de violencia.


A actividade será impartida por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.


As mulleres interesadas en participar poden inscribirse xa chamando ao teléfono do Concello (986 62 50 00) ou enviando un correo electrónico a notifica@orosal.gal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.