GALICIA
A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para a Tarxeta Benvida
Desde que se puxo en marcha no 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia publica a orde que regula a concesión da Tarxeta Benvida para as nenas e nenos nacidos no 2022. A Xunta de Galicia habilitou un investimento de 32,2 millóns de euros para esta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do cativo, que ten como obxectivo atender os gastos que supón ampliar a familia, como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacia.
Nos seus cinco anos de existencia a Tarxeta Benvida supera un orzamento acumulado de 127 millóns de euros e chegou a máis de 78.000 familias. Isto supón que oito de cada dez nenos nacidos neste período tiveron acceso a esta medida. Para acceder á Tarxeta Benvida durante o primeiro ano a renda anual familiar deberá ser inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.500 euros per capita.
Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do cativo que, en función das circunstancias de cada unidade familiar, pode prorrogarse ata os 3 anos
Nos últimos anos esta prestación tivo varias novidades. En 2018, a Tarxeta Benvida estendeuse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda anual igual ou inferior a 22.000 euros. Así, para o primeiro fillo concedíanse 600 euros anuais; para o segundo 1200; e para o terceiro e sucesivos, 2400.
Xa no ano 2019, habilitouse a posibilidade de que a Tarxeta Benvida se solicitase durante o embarazo, para que non fixese falta esperar ao nacemento para comezar os trámites. Deste modo, para as familias que escollen esta opción, o prazo medio de espera para obter esta prestación pasou de dous meses e medio a un mes.
E no ano 2020, o Goberno galego introduciu catro novidades: un complemento do 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes; un complemento para as familias numerosas, de xeito que os terceiros fillos e sucesivos perciban 2400 euros anuais desde o nacemento ata os tres anos; facilidades para a presentación de solicitudes por parte dos galegos retornados; e a posibilidade extraordinaria de ampliar a Tarxeta Benvida ata os catro anos para as familias en situación de especial vulnerabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217