Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Viernes, 14 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou 242 servizos en 2021

Accidentes de tráfico e incidencias na circulación, eventos culturais e deportivos, animais soltos e servizos sanitarios foron as intervencións máis numerosas

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo do 2021 un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas.  A súa intervención foi requirida a través do 112, da Policía Local, do Concello ou entidades locais. Os voluntarios da agrupación, pese a non estar operativos ao 100%, foron quen de acudir ao 75% dos servizos solicitados.


Os accidentes de tráfico e incidencias de circulación centraron a meirande parte dos servizos con 62 e 30 intervencións. Amais membros de Protección Civil colaboraron o ano pasado en 28 eventos culturais e 27 eventos deportivos. Foi requirida a súa intervención en 22 ocasións pola presenza de animais soltos, e en 21 ocasións por incidencias varias.  Ao longo dos últimos 12 meses dende Protección Civil de Tui realizaron 20 servizos sanitarios, acudiron a 13 incendios urbanos e 4 forestais, así coma a 7 accidentes laborais. Tamén acudiron en 5 ocasións a retirar árbores caídas e colaboraron na busca de 3 persoas desaparecidas.


Por outra parte cómpre destacar o evento solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a favor de SOS Tomiño Baixo Miño no Teatro Municipal no mes de decembro no que recolleron 3,1 toneladas de alimentos non perecedoiros.


Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento a todas as persoas voluntarias que integran esta Agrupación polo seu labor solidario e altruísta. Así o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destaca a gratitude á este colectivo “polos seus desvelos en actuacións dirixidas a evitar danos e perigos para os cidadáns, sendo conscientes pola nosa parte que isto implica un indubidable sacrificio persoal”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.