VIGO
A Xunta contribúe á renovación da sede da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral
A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, supervisou esta semana as melloras realizadas ao abeiro do Plan Específico de Acción Comunitaria e recordou que o orzamento incrementarase este ano un 20%, ata os 3 millóns de euros
A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, visitou este pasado martes as actuacións levadas a cabo na sede da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral ao abeiro do Plan Específico de Acción Comunitaria, nas que o Executivo autonómico colaborou cunha achega de 16.600 euros.
Os traballos realizados incluiron cambios de iluminación, reparación e pintado de fachadas, cubrimento da terraza e adquisición de equipamentos varios.
Neste contexto, a representante autonómica recordou que o orzamento para esta orde incrementarase este ano un 20% ata acadar os 3 millóns de euros, co obxectivo de atender ao elevado número de solicitudes que se reciben en cada convocatoria.
Segundo especificou, a Asociacióin Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral foi unha das 43 entidaes veciñais da área de Vigo ás que a Xunta destinou 600.000 euros no 2021, contibuindo así ás reformas nos seus locais sociais e á dotación do equipamento necesario para o seu funcionamento.
Respecto ás axudas, recordou que están dirixidas ás asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Tras a visita, Fernández-Tapias reafirmou o compromiso inequívoco do Goberno galego por manter a colaboración e o diálogo constante con estas organizacións co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e contribuír a unha maior dinamización del movemento veciñal. En opinión da delegada territorial, “son a mellor vía para canalizar as preocupacións dos nosos veciños e veciñas e facelas chegar á administración e, neste obxectivo común, terannos sempre do seu lado”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235