O PORRIÑO
A Xunta impulsa a creación de seis novas prazas públicas no Centro de Día de Aceesca
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte as instalacións acompañada do novo alcalde da localidade
A Xunta impulsou a creación de seis novas prazas públicas de atención no centro de día da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (Aceesca), no Porriño. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte as instalación acompañada do novo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.
Fabiola García concretou que con este incremento o número de prazas públicas no centro de día chegan ás 36 que se suman a outras 37 prazas públicas no centro ocupacional. En total, o Goberno galego financia un total de 73 prazas nos centros de Aceesca no Porriño.
O Goberno galego financia un total de 73 prazas públicas nestas instalacións: 36 no centro de día e outras 37 no centro ocupacional
As persoas usuarias colaboran na xestión do punto limpo da localidade, coidan do seu invernadoiro de plantas de temporada ou participan en labores de limpeza e xardinería. A conselleira destacou que Aceesca permite que as veciñas e veciños do Porriño teñan a oportunidade de avanzar cara a plena inclusión.
Ademais do financiamento destas prazas, a Xunta colabora con esta asociación a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para a mellora e adecuación das súas instalacións. Na última convocatoria, esta entidade percibiu 52.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego destina anualmente a Aceesca 800.000 euros para facilitar o seu labor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20