Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 22:31:09 horas

Xornal21.es
Martes, 18 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Enerxétika 2022 estrea o SIE no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA

ESTA ÁREA DE INNOVACIÓN PODERÁ VISITARSE DURANTE TODOS OS DÍAS DO CERTAME, O CAL SE EXTENDERÁ DO 3 AO 5 DE FEBREIRO

A feira  Enerxétika prepárase para celebrar a súa terceira edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, o cal se converterá do 3 ao 5 de febreiro en punto de encontro do sector da enerxía.

 

Entre as súas novidades está o Salón da Innovación Enerxétika (SIE), un espazo dedicado a poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en calquera dos subsectores do certame.

 

Os proxectos que terán presenza nesta área serán seleccionados por un xurado entre todas as propostas que reciba a organización. Establecéronse dúas seccións, profesional e académica. Na primeira poden participar empresas e entidades, públicas e privadas, tanto que sexan expositoras ou  coexpositoras de  Enerxétika como que non o sexan, aínda que para estas últimas terá custo e para as primeiras non. A segunda sección está orientada a alumnos de Escolas Universitarias, centros de Formación Profesional e outras entidades educativas, para as cales a inscrición é gratuíta.

 

Cada empresa ou entidade pode presentar máis dun proxecto, o cal, se é seleccionado, mostrarase a través dun panel informativo no SIE, o que lle outorgará unha gran visibilidade entre o público. Os proxectos deben estar en funcionamento ou ter posibilidades reais de aplicación no mercado.

 

Este Salón da Innovación poderá visitarse durante todos os días de celebración de Enerxétika 2022. As condicións de participación poden consultarse na web da feira, www.enerxetika.com

 

Foro Enerxético de Galicia

O xurado que valorará os proxectos presentados será profesional e independente, totalmente alleo á organización. Estará formado por membros do Foro  Enerxético de Galicia, grupo de debate representado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da enerxía na Comunidade galega.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.