GALICIA
A Xunta destina 18m€ ao Programa Galicia Exporta
Feijóo salienta que a previsión é mobilizar 24 millóns de euros este ano
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta destinará 18 millóns de euros ao programa Galicia Exporta para impulsar a internacionalización de 850 pemes e autónomos ao longo de 2022.
Logo de salientar que a previsión é mobilizar este año 24 millóns de euros, o presidente da Xunta explicou que este programa de apoio á internacionalización conta con tres liñas en marcha: Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios.
No que atinxe ao Galicia Exporta Dixital, Feijóo explicou que se destinan 4,4 millóns de euros para abrir novas canles de comercialización e a axuda oscilará entre os 14.400 e os 80.000 euros por autónomo ou empresa. Súmanse os 6M€ da convocatoria que está actualmente en fase de resolución.
En canto aos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, que contarán cun orzamento de 7,5 millóns de euros, Feijóo incidiu en que, ademais de pemes e autónomos, tamén se poden beneficiar destas axudas “asociacións empresariais, consellos reguladores ou centros tecnolóxicos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217