SALCEDA DE CASELAS
Múltiples erros detectados no cobro dos atrasos do IBI 2018
En relación cos recibos dos atrasos do IBI de 2018 recibidos nas últimas semanas, dende o Concello de Salceda de Caselas informan que "ante os múltiples erros detectados, nos que non se practica a dedución do importe xa pagado, e tras a xuntanza mantida esta semana coa dirección do Oral e o equipo técnico, o ORAL se comprometeu a emitir novamente estes recibos, aos que non se lle practicou o desconto por ter cambiado a referencia catastral tras o proceso simplificado de valoración colectiva".
Polo tanto aseguran que "TODAS AQUELAS PERSOAS QUE RECIBIRON UNHA CARTA DE PAGO SEN DESCONTAR A PARTE PAGADA EN 2018 NON DEBEN PAGALO NIN RECLAMAR, automaticamente o ORAL revisará estes casos e emitirá un novo recibo, sempre e cando a persoa titular do ben sexa o mesma en 2018 que na actualidade".
"As liquidacións que non son correctas, pero cambiou a persoa titular, si deben formular reclamación. Mentres que as liquidacións que estean correctas si teñen que pagarse no prazo indicado na carta" aclaran dende o Concello

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11