Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Martes, 18 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui e a AECC reforzan a colaboración entre ambas entidades

A Asociación Española Contra o Cancro realizou en 2021 un total de 93 intervencións en Tui

O Concello de Tui e a AECC, Asociación Española Contra o Cancro reforzan a colaboración entre ambas entidades. Así o acordaron a semana pasada na reunión mantida na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, Carmen González e o coordinador de Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, Telmo José Crespo Tojeiro.


En 2021 a AECC levou a cabo en Tui 93 intervencións das que 21 foron de atención social coma reparto de alimentos, orientación e información, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico como cadeiras de rodas, perrucas, andadores, etc, inserción laboral… e 72 de Atención Psicosocial a Enfermos/as Avanzados/as en final de vida e aos seus familiares.


No encontro desta maña na casa do concello presentáronse e analizáronse estes datos, ao tempo que se fixo un seguimento dos programas postos en marcha en Tui. Tamén estudaron novas liñas de traballo conxuntas a desenvolver ao longo dos próximos meses, reforzando así os lazos de actuación entre ambas entidades. As actividades previstas se irán dando a coñecer nas próxima semanas.  


Cómpre lembrar que a Asociación Española Contra o Cancro ofrece os servizos de: atención social, atención psicolóxica, voluntariado, logopedia, asesoramento médico sanitario e xurídico, atención en final de vida e dó. Tamén realiza talleres grupais a pacientes de cancro e o seu entorno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.