Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

Un curso para aprender defensa persoal feminina

A Concelleira de Igualdade, Carolina González, participou o pasado día 15 da clase e animou a todas as mulleres do Porriño e da contorna a asistir nas vindeiras xornadas

Un total de 24 mulleres de diferentes idades participaron o pasado día 15 na que foi a primeira quenda do ano do curso de defensa persoal feminina que organiza o Concello do Porriño, coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Policía Local.

 

O curso conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración con axentes da Policía Local, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais.

 

A concelleira de Igualdade, Carolina González, participou  da clase e ao terminar animou a todas as mulleres a acudir ás seguintes xornadas. “É unha experiencia enriquecedora e moi práctica para a nosa vida cotiá que nos axuda a estar preparadas para resolver situación de risco”, apuntou a edil.

 

Para asistir non é preciso ter unas condicións físicas específicas nin rexistro previo. A asistencia é totalmente gratuita e está aberta a que participen mulleres dos concellos da contorna.

 

As clases impártense en dúas quendas ao mes, en sábadoalternos, polo que a vindeira será o sábado 29 de xaneiro, como sempre no ximnasio Jovhen Sport de 10h a 12h.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.