Nigrán
Nigrán convoca Axudas Covid para perruquerías, estética, academias e librarías
O Concello de Nigrán abirá nos vindeiros días o prazo de solicitude de axudas para un quinto plan municipal destinado a paliar os efectos do Covid-19 no sector das perruquerías, estética, academias e librarías. A este fin ten consignados 51.526 € procedentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra dirixida a aliviar a situación económica dos sectores máis afectados pola pandemia, que percibirían 1.200 € por negocio. Deste xeito, o Concello de Nigrán convértese nun dos máis proactivos de Galicia ao respecto ao sumar un total de 341.000 € en axudas municipais (anteriormente foron para os sectores hostaleiro, do taxi, hospedaxe, mariñeiro e centros de rendemento deportivo, sumando estas en total 290.000 € en catro convocatorias diferentes).
“Consideramos que con este quinto plan o Concello de Nigrán ten chegado aos sectores que máis sufriron os peches sanitarios e, no caso de perruquerías e centros de estética, son negocios que levan tempo pedido ao goberno central unha rebaixa do IVA precisamente pola crise que están a sufrir. Paralelamente continuamos co noso esforzo por promover o comercio de proximidade entre a veciñanza como xeito de vida e de municipio sostible”, argumenta o alcalde, Juan González, quen explicou hoxe esta nova liña á Asociación de Empresarios Ovalmi.
Como nos anteriores plans, as axudas son de 1.200 € para cada establecemento e concederanse ata o esgotamente de fondos aplicándose o criterio de orde de entrada no Rexistro Municipal. Igualmente, resulta compatible con calquera outra subvención, sexa da administración que sexa.
Concretamente, as bases desta convocatoria indica que os beneficiarios son microempresas, pequenas empresas ou autónomos incluídos nos epígrafes de salóns de perruquería e institutos de beleza (972), maquilladores e esteticistas (877), ensinanza non reglada de formación (932), persoal docente de ensinanzas diversas (826) e comercio polo miudo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio e artigos de debuxo e Belas Artes (654,4). Considéranse micro empresa ou pequena empresa aquelas que contan con ata dez persoas e non superen o millón de euros de importe neto de cifra de negocios.
A técnica de Emprego do Concello de Nigrán revisará con cada posible beneficiario das axudas (os casos incluídos nos epígrafes sinalados) a documentación que precisa ter lista para cando se abra o prazo, que será de dez días. O contacto é no 986365000 (extensión Emprego), presencialmente ou no correo m.jose.vazquez@nigran.org. O Concello informará convintemente cando abra oficialmente o prazo e as bases serán penduradas na sede electrónica da web municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141