O PORRIÑO
O Porriño amplia os horarios da sala de estudo
A Concellería de Cultura xestiona a reorganización de horarios e espazos para atender ás necesidades do colectivo de estudantes
O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura que dirixe Bienvenido Estévez, está a xestionar a reorganización de horarios e espazos da sala de estudos para atender á demanda do colectivo de estudantes.
O departamento de cultura iniciará os trámites para a contratación de persoal que permita que as instalacións estean abertas as fins de semana e horarios especiais para épocas de exames para que os mozos e mozas do Porriño dispoñan dun lugar propicio para o estudo no seu municipio. “Tamén estamos a valorar fórmulas para reubicala e coordinar o servizo coa Biblioteca Municipal”, afirmou o edil, Bienvenido Estévez.
Mentres tanto, e atendendo á petición dos usuarios, ampliaranse os horarios da sala de estudio habilitada en el centro cívico, que permanecerá aberta de luns a venres de 8:30h a 22 h de maneira continuada.
“Os horarios deben ser acordes aos horarios lectivos dos estudantes para poder responder ás súas necesidades”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos que a sala de estudo estea aberta os sete días da semana e xa iniciamos as xestións necesarias para que así sexa. Os estudantes do Porriño teñen que disponer dese servizo no seu concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20