DEPORTES
Calidade e moita emoción no Campionato Xunta de Galicia Máster
Importante cita a vivida durante esta fin de semana na pista cuberta de Expourense quen acollía ao Campionato Xunta de Galicia Máster individual e de Probas Combinadas que xuntaba a un amplo número de atletas.
O máis salientable do campionato foi o récord do mundo dun combinado galego masculino da categoría máster 65 formado polos atletas Pablo Fervenza do Samertolameu, Domingo Álvarez do Burgas Ourense, Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol e Xosé Luís Otero Cepeda do Atletismo Santiago, quenes lograban parar o reloxo na proba dos 4x800 m. nun rexistro de 10:41.58 pulverizando a anterior plusmarca mundial lograda a finais do ano pasado en Madrid con 10:58.10 en máis de dazasete segundos.
Xunto a actuación deste cuarteto, tamén resultou salientable o récord de España efectuado por Lucía Ferreiro da Gimnástica de Pontevedra quen na proba de pértega M40 melloraba a anterior plusmarca nacional que ela mesma tiña nun centímetro para deixala en 3.06.
En canto ás plusmarcas galegas batidas cabe salientar na categoría femenina F65 a Begoña de Arriba do Egovarros na proba dos 3.000 m. e Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural quen facía o propio no concurso de altura na categoría F55. Continuando cos récords, notables foron tamén tanto as plusmarcas na F50 deNuria Jones do Club La Purísima en triplo,como a da atleta olimpica rumana afincada en Galicia desde fai varios lustros Felicea Tilea en peso
En homes, novamente subliñamos a actuación da parella atlética do ADAS Proinor formada por Manuel Garcia Alfonso e por José Manuel Almudí. Os máis veteranos deste campionato (compiten na M80) lograban as plusmarcas dos 60 m. 200 m. e concurso de peso.
Xulio Ventín da Gimnástica, melloraba igualmente o tope galego na categoría M60 no concurso de pértega, sendo o lanzamento de peso quen tivo na figura de Julio Fernández do Ourense Atletismo ao seu plusmarquista autonómico na M75 .
Pola súa banda Domingo Álvarez do Burgas Ourense lograba sobre os 400 m. M65 mellorar o seu propio record galego en preto de medio segundo. Por último, nos relevos tamén houbo que festexar os bos rexistros levados a cabo polos equipos do Samertolameu quenes como colofón do campionato acadaban as plusmarcas galegas na F50 feminina e o conxunto do Burgas Ourense quen facía o propio co relevo mixto máster 55
No tocante ao Campionato galego de combinadas máster, cabe citar as boas actuacións a nivel xeral producíndose excelentes rexistros como os protagonizadas por José Domínguez Caballero na M45 e José Bello da M50 ambos de A Silva, así como a de a de Victor Méndez na M40 do Rías Baixas, quenes lograban establecer sendas plusmarcas galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11