VIGO
A OV430 presenta a súa ‘Tempada 2022’
Un ciclo de concertos que comezará este mes de xaneiro e estenderase ata maio
A Orquestra Vigo 430 presentou esta semana na Alcaldía a súa programación para os próximos meses. ‘Tempada 2022’ consiste nun ciclo de concertos para o período xaneiro a maio de 2022, composto por cinco programas que se caracterizan pola súa gran variedade, e que serán interpretados, como vén sendo habitual habitual, polas formacións de música de cámara, sinfónica e barroca.
Así, no presente 2022, a Orquestra Vigo 430 decidiu ampliar o habitual ciclo de primavera -circunscrito unicamente aos meses de marzo, abril e maio- aos meses de xaneiro e febreiro, substituíndo a antiga denominación pola mencionada “Tempada 2022”.
O anterior é posible grazas ao incremento do apoio económico por parte do Concello de Vigo, o que permite ampliar o número de concertos ofrecidos á cidadanía pola Ov430 sen que a calidade habitual dos mesmos véxase mermada. Esta tempada de concertos terá a súa continuación no “Ciclo de Outono”, que chegará puntualmente no mes de outubro.
A programación contará, como sempre, con invitados de auténtico luxo. Grazas a iso teremos a oportunidade de gozar en Vigo de visitas de figuras internacionais, como a violinista holandesa Rosanne Philippens. Philippens, neste mes de xaneiro -o próximo día 28-, levará a cabo a súa segunda colaboración coa orquestra -a primeira tivo lugar pouco antes de desatarse a pandemia, e deixou un grato recordo na cidade-. Nesta ocasión, farao de novo como solista e como directora, nun programa que promete ser realmente espectacular, coa disruptora 3a Sinfonía de Beethoven sumada ao soado concerto para violín de Brahms.
Foi presentado este martes no Concello de Vigo xunto ao alcalde Abel Caballero e ao concelleiro de Cultura, Abel Losada
A este gran concerto sinfónico seguiranlle dúas propostas de música de cámara moi diferentes: en febreiro -o día 19-, membros da sección de vento da OV430 interpretarán ‘Música seleccionada orixinal para quinteto de metais’; en marzo con todo, o día 26, teremos a ocasión de escoitar outra obra de Brahms, neste caso para corda, como é o xenial Sexteto No2 op.36. Neste concerto, o Ensemble Vigo 430 contará coa colaboración da violinista María Florea - unha habitual xa nas programacións da formación viguesa- e tamén coa violista exipcia Sindy Mohamed, artista residente este ano da Orquestra Vigo 430.
Os días 23 e 24 de abril, regresará a orquestra sinfónica. Farao cunha proposta nova, destinada sobre todo ao público familiar, infantil e xuvenil, como será o programa titulado “As aventuras do Príncipe Achmed”, no que o público poderá visionar a película orixinal de Lotte Reiniger (1926) titulada da mesma forma, e que é a longametraxe animada máis antigo que chegou ata os nosos días, realizado cunha laboriosa técnica de siluetas. A música foi composta especificamente para esta película polo compositor vigués Brais González, e a orquestra estará dirixida por Isabel Rubio, quen será unha tempada máis directora asociada da OV430.
O ciclo terá un broche de ouro o próximo 27 de maio. Será cun concerto da formación da orquestra especializada na música barroca da OV430, que nesta ocasión contará como solista coa virtuosa intérprete de frauta de pico Lucie Horsch -unha das artistas máis requiridas do momento en toda Europa-, quen interpretará concertos para este instrumento de Bach, Vivaldi, Telemann e Sammartini.
A Orquestra Vigo 430 aproveita este inicio de ano tamén para dar a coñecer o seu o seu novo programa de ‘Socios protectores e abonados’, que amplía a figura existente ata a data de ‘Amigos da orquestra’-, e que busca recompensar con numerosas vantaxes aos seguidores que realizan achegas económicas anuais para apoiar o proxecto. Toda a información sobre este novo programa pódese atopar na web www.vigo430.com.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122