Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 13:11:15 horas

Xornal21.es
Jueves, 20 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Consenso para regularizar a situación da Urbanización de San Antoíño

A Xunta de Voceiros con representación dos diferentes grupos da Corporación Municipal reuniuse esta semana coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o xurídico do departamento municipal de Urbanismo, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e demais voceiros dos grupos da Corporación Municipal, reuníronse esta semana no Multiusos das Pozas coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios da Urbanización de San Antoíño, na parroquia de Louredo.

 

Tras a sentenza favorable ao Concello de Mos, que establece o ámbito privado da urbanización, e a vontade de consenso por parte da nova directiva da Comunidade de Propietarios, retómanse as xestións e traballo conxunto de cara a que sexa posible unha futura recepción da Urbanización por parte do Concello.

 

O primeiro punto abordado entre ambas partes, e principal prioridade, é a conexión da urbanización á rexe xeral de saneamento do Consorcio de Augas do Louro. Unha obra cun orzamento total de 150.000 euros cuxa execución será asumida entre o Consorcio e os propios veciños, subsanando así unha problemática de fai moitos anos.

 

Desde xeito, goberno local e Corporación Municipal agradeceron a vontade da nova directiva de empezar a traballar conxunta e consensuadamente co Concello e trazar as liñas para solucionar a situación da Urbanización de San Antoíño. Así, a Comunidade de Propietarios iniciará a continuación a redacción do proxecto das necesidades a executar, como a mellora de beirarrúas, entre outras, e a avaliación dos custes das mesmas; contando sempre co asesoramento, axuda e colaboración dos técnicos municipais.

 

Continuarase, polo tanto, avanzando no procedemento do que se irá dando conta en futuras reunións.

 

Por parte dos representantes municipais, Arévalo e Augusto, expresouse a “man tendida do Concello, que colaborará en todo o posible coa Comunidade de Propietarios, tanto axundando técnicamente no proxecto como na búsqueda de fondos noutras administracións, etc.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.