Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 22:31:09 horas

Xornal21.es
Domingo, 23 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un circuíto de vehículos eléctricos e híbridos achegará a mobilidade sostible a Enerxétika 2022

O CERTAMEN CONTARÁ NA SÚA EXPOSICIÓN CON INTERESANTES PROPOSTAS, ALGUNHAS DAS CALES SE PODERÁN PROBAR ENTRE O 3 E O 5 DE FEBREIRO

A feira Enerxétika, a cal celebrará a súa terceira edición do 3 ao 5 de febreiro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, ofrecerá aos seus visitantes a posibilidade de coñecer as particularidades e vantaxes da mobilidade sostible a través de distintas propostas.

 

En canto á súa área expositiva, mostrará os vehículos eléctricos e híbridos de distintas marcas. Estarán presentes os Kia EV6 Eléctrico 100%, Kia Sportage Híbrido e Kia Xceed Enchufable, o Fiat 500e 100% eléctrico e a furgoneta Fiat eDucato 100% eléctrica, os todoterreos híbridos enchufables Jeep Renegade Phev e Jeep Compass Phev, os Audi Q4, Audi Q4 Sportback e ID3, o Volkswagen ID4, os Ford Mustang Mach-e  100 % eléctrico, Ford Kuga ST-Line X Plug-in Hybrid    híbrido enchufable e a furgoneta Ford Transit Custom Plug-in Hybrid, o BMW iX 100% eléctrico e os Mini Cooper Electric Art e Mini Countryman híbrido enchufable.

 

Algúns destes vehículos, ademais de tres coches do parque móbil da Xunta de Galicia que esta cedeu durante a feira, estarán a disposición dos visitantes para que podan probalos e coñecer as súas prestacións. Será no circuíto de mobilidade sostible de Enerxétika 2022, o cal se localizará e discorrerá polos espazos exteriores da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

Todos os días

Este circuíto estará habilitado durante os tres días do certame. Os visitantes interesados en conducir algún dos vehículos eléctricos e híbridos dispoñibles neste espazo unicamente terán que cubrir un pequeno formulario e elixir o que desexan probar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.