VIGO
A Xunta licitará en febreiro a urbanización dos 100.000 m2 do polígono de San Paio de Navia
O Goberno galego non agardará pola aprobación do proxecto por parte do Concello, toda vez atendeu todos os requirimentos esixidos, co fin de avanzar no desenvolvemento deste primeiro ámbito con 733 vivendas previstas
A Xunta de Galicia licitará no vindeiro mes de febreiro, por un orzamento de 11 millóns de euros, as obras de urbanización do primeiro dos tres polígonos nos que se divide a ampliación de San Paio de Navia en Vigo. Deste xeito, darase forma a 100.000 m2 de solo nos que se construirán 733 vivendas das 1.600 que se proxectan nesta nova bolsa residencial da cidade olívica.
O Consello accedeu ao contido dun informe sobre o estado de desenvolvemento de San Paio de Navia, no que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) indica que licitará as obras de urbanización do coñecido como polígono 1 sen agardar pola aprobación do proxecto por parte do Concello. Así, unha vez rematada a adquisición de solo para a ampliación e redactados os tres proxectos de urbanización, a Xunta decide dar este paso na urbe con maior demanda de vivenda.
Cómpre lembrar que o proxecto do polígono 1 foi remitido ao Concello no mes de abril de 2021 e na actualidade atendéronse todos os requirimentos esixidos. En relación cos polígonos 2 e 3, foron enviados para aprobación municipal en maio ao Concello.
A superficie total da ampliación de San Paio de Navia é de 266.820,12 m2 e á súa urbanización destinaranse preto de 26 millóns de euros.
Outra consecuencia da falta de colaboración por parte da Administración local é que ata que non aprobe o proxecto de urbanización, a Xunta non poderá convocar o concurso para a adxudicación das 98 parcelas dispoñibles no polígono 1, nas que prevé a construción de 331 vivendas.
Na adxudicación do concurso terán preferencia os proxectos de construción de inmobles para alugueiro social e, precisamente, as cooperativas e promotores poderán optar ás axudas dos fondos europeos, de ata un máximo de 50.000 euros por vivenda, que habilitará proximamente o Goberno galego.
Nesta fase, a Xunta promoverá 207 inmobles de promoción pública, dos cales ten previsto licitar proximamente a redacción dos proxectos dos primeiros 79
Nesta primeira fase, ademais destes inmobles, a Xunta promoverá 207 de promoción pública. De feito, e tamén para gañar tempo, está previsto licitar proximamente a redacción dos proxectos de construción das primeiras 79 VPP.
Por último, ata sumar as citadas 731 vivendas do polígono 1, 195 corresponderanse ás permutas de solo por edificabilidade.
Adquisición dos terreos
Cómpre lembrar que en 2016, a Xunta era propietaria de 82.838 m2, unha superficie que se ampliou ata os 266.820,12 m2 actuais grazas a un investimento de 24 millóns de euros.
Para conseguir esta superficie, o IGVS realizou dúas ofertas públicas para a adquisición de terreo —en 2016 e 2018—, coas que conseguiu 93.099 m2 e polos que aboou 13,2 millóns; e iniciou tres proxectos de expropiación —un por cada polígono—, que se acaba de pechar coa adquisición de 77.286 m2 por un importe de 10,6 millóns.
Entre os 26 millóns de euros da urbanización, os 24 millóns de adquisición de solo e os 200 millóns estimados na construción das 1.600 vivendas, o investimento público e privado previsto na ampliación de San Paio de Navia rolda os 250 millóns de euros, aos que haberá que sumar o investimento nas parcelas comerciais e de equipamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122