Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 10:25:00 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Arranca a quinta edición de “Conectadas”, despois de dous anos de parón pola pandemia

A Deputación retoma o programa dirixido a asociacións, federacións e fundacións que teñen por obxectivo a igualdade, a creación de redes, a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento e empoderamento

Despois de dous anos de parón pola pandemia a Xunta de Goberno da Deputación vén de dar o pistoletazo de saída á V edición do programa “Conectadas”. Esta iniciativa, na que nos 4 anos nos que se desenvolveu participaron case 20.000 mulleres, inclúe, tal e como explicou Carmela Silva, 30 accións formativas gratuítas dirixidas a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que “teñen por obxectivo a igualdade, a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento e empoderamento, para mellorar a súa formación básica, crear redes, mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital de xénero”.

 

O programa conta cun importante orzamento de 324.000 € e permite ás asociacións elixir entre 30 accións formativas que serán totalmente gratuítas. “Todas, tal e como explicou a presidenta Carmela Silva, terán unha duración de 35 horas e incluirán un módulo obrigatorio de sensibilización na Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

 

As accións formativas están  integradas en cinco bloques temáticos: “Emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. No marco de “Emprende: iniciativas sostibles para o emprego” inclúense iniciativas de formación como “Crear a túa empresa. Deseño dun plan de negocio”, “Administradoras de redes sociais”, “Comercio electrónico”, “Asesoría laboral e fiscal”, “Marcando o teu rumbo. Empoderamento e liderado” e “Actívate na busca de emprego”. 

“ExpresARTE” oferta cursos de “Pintura”, “Teatro”, “Animación á lectura, narración e poesía”, “Iniciación ao patchwork”, “Iniciación ao scrapbooking” e “Artesanía en Coiro”. No que respecta a “Conéctate” preséntanse acción formativas que van dende “Alfabetización Dixital I e II” ata “Socializándose coas Redes” e “Administración Electrónica”. En canto a “Sementa Sostibildiade” inclúense iniciativas como “Poda e tarefas de campo desde a sostibilidade”, “Xardinería” e “Horta Ecolóxica”. E no marco de “O teu momento. Coidado e benstar” as participantes poden escoller entre “Ioga”, “Pilates”, “Taichí”, “Ximnasia hipopresiva”, “Sendeirismo”, “Menopausa de forma saudable”, “Coidar coidándonos”, “Relaxación e manexo do estrés: momentos en calma”, “Musicoterapia”, “Risoterapia” e “Obradoiro de mindfulness”.

 

O prazo para solicitar a participación no programa, por vía electrónica, será dun mes e comezará a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no BOPPO. Dende a posta en marcha de “Conectadas” no 2016 participaron nas catro edicións preto de 20.0000 mulleres.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.