Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:03:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Malvela reúnese coa alcaldesa para estudar axudas ao lanzamento do seu novo disco

Nunha reunión celebrada onte coordinaron a xestión de axudas autonómicas e locais para o vestiario e a presentación do Benquerer, entre outras accións como un concerto enmarcado no Xacobeo

O emblemático grupo mosense, Malvela, do que forma parte a cantante Uxía, reuniuse onte no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, para coordinar conxuntamente as axudas municipais e autonómicas, así como unha actuación e o acto de presentación, con motivo do lanzamento do seu novo disco, ‘O Benquerer’.


A gravación deste novo traballo foi realizada en dúas xornadas desenvolvidas os pasados 27 e 28 de decembro, nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso que alberga a Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Mos.


Durante a xuntanza celebrada esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial mosense abordáronse as axudas relativas ao lanzamento do Benquerer. Desde a administración local mosense intermédiase para que o grupo mosense conte con subvención da Xunta de Galicia para o acto de presentación do disco, o deseño e confección dos traxes do novo vestiario, e un concerto incluído na programación do Xacobeo 2022-2022. O Concello asumirá a compra de exemplares do novo traballo.


Este novo disco das míticas Malvela está previsto que sala á luz a vindeira primavera.


As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, déronlles ánimos nesta nova andadura musical e felicitáronas pola súa extensa e exitosa carreira e por ser “auténticos exemplos de mulleres rurais empoderadas, artistas e profesionais dun sector, o musical, aínda con predominancia masculina”. E declararon que “é unha honra e un verdadeiro orgullo poder colaborar no nacemento dun novo disco que poderemos escoitar en poucos meses e que, de seguro, fará as delicias dos amantes da nosa música tradicional”.


O grupo musical Malvela é un dos principais emblemas culturais do Concello de Mos, promotor da tradición galega e mosense, e da identidade cultural e musical senlleira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.