GALICIA
Feijóo enxalza a modernización do Museo do Pobo Galego
O presidente da Xunta visitou hoxe as novas salas que albergarán a Historia de Galicia na Época Antiga e Sueva
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a modernización do proxecto expositivo do Museo do Pobo galego para poñer a Galicia ante si mesma e seguir promovendo a galeguidade aberta; “recuperando o folclore, as tradicións e a antropoloxía; e promovendo exposicións e todo tipo de iniciativas que facilitan que nos recoñezamos como pobo, que tomemos plena conciencia do noso, que nos vexamos herdeiros dunha cultura secular e que nos concienciemos á hora de protexela e divulgala dentro e fóra”, abundou.
Durante unha visita ás novas salas da Colección Permanente do Museo do Pobo Galego, que contou cun investimento de 3,4 millóns de euros a través do Consorcio de Santiago, no que participa o Goberno galego, Feijóo trasladou os parabéns ao Padroado, por ofrecer un exemplo de colaboración público-privada no eido da cultura; e ao Museo, por seguir deseñando novos proxectos que contribúen a facelo máis diverso e conectado con outras institucións.
Non en van, esta ampliación albergará, de momento, a Historia de Galicia na Época Antiga e Sueva, a través de: tres módulos con 64 manifestacións artísticas e culturais; un discurso museístico moderno e máis audiovisual; e obxectos de gran valor, entre eles, 19 doados por institucións da Xunta, como a agulla de óso de Punta Atalia ou vidro da Cidadela de Sobrado dos Monxes.
Subliña o papel do Museo do Pobo Galego como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, que se potencia co Arquivo, co traballo do Departamento Educativo de Acción Cultural e cun gran afán investigador
“Unha proposta, en definitiva, que arroxará luz sobre unha época fascinante da nosa historia e que non só se abre ao público galego e nacional, senón que tamén se dirixe aos visitantes internacionais interesados en coñecer o que Galicia foi, para comprender o que Galicia é”, aseverou.
Nesta liña, o presidente do Executivo autonómico salientou que co paso dos anos, o Museo do Pobo Galego acreditou por méritos propios o seu papel como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, que se reforzou en 2012, coa consideración da Biblioteca como de especial interese para a Comunidade; e que se potencia co Arquivo, co traballo do Departamento Educativo de Acción Cultural e cun grande afán investigador.
Feijóo concluíu lembrando que entre 2021 e 2022 a Xunta investirá 36 millóns de euros para apoiar a rede museística da Comunidade e promover o atractivo e riqueza da cultura galega. “Desta achega case 10 millóns estarán destinados á programación de actividades nos distintos centros”, precisou, ademais de garantir o compromiso coa creación dun Sistema Galego de Centros Museísticos, ao abeiro da Lei de Museos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11