Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:03:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 28 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Nova viaxe para maiores de Mos pola Maragatería e O Bierzo

Realizarase o 11 e 12 de marzo e as persoas interesadas teñen ata o 14 de febreiro para inscribirse, ata cubrir prazas por rigoroso orde de entrada

[Img #73882]Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos organízase unha nova excursión para maiores incluída no programa municipal ‘É tempo de volver viaxar’. Trátase dunha ruta pola Maragatería e O Bierzo durante os días 11 e 12 de marzo, visitando Sahagún (casco histórico e Praza Maior), León (Catedral e Barrio Húmido) e Balboa e a Serra dos Ancares.

 

A hospedaxe será en hotel con pensión completa e os beneficiarios desta iniciativa son maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos.

 

Os servizos incluídos nesta viaxe son pensión completa en hotel, almorzo na Palloza, trasporte e seguro de viaxe.

 

Prazo e lugar inscrición: desde hoxe martes 25 de xaneiro ata o 14 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello, na OMIX ou a través da sede electrónica. Ata cubrir prazas e por rigoroso orde de entrada.

 

Prezo: 130 € por persoa, en habitación dobre. Suplemento por habitación individual 20 €.


Os obxectivos da iniciativa son dar resposta á demanda da cidadanía veciña de Mos que desexa volver a viaxar, facer visitas culturais e artístico históricas, favorecer o coñecemento doutras cidades e provincias, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsar a participación e integración social das persoas na comunidade, e previr a soidade.


Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas, é que fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida.


Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.