Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 10:19:58 horas

Xornal21.es
Martes, 25 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme imparte esta semana cinco novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta, entre outros, cursos sobre ciberseguridade, márketing ou optimización de páxinas web

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o inbound márketing, contramedidas de ciberseguridade ou a creación e optimización de webs.

 

Os obradoiros desenvolveranse entre hoxe martes e o xoves. Nesta primeira xornada, o deseñador gráfico Guillermo Nass impartirá ás 12 horas o curso Guía para crear e optimizar a túa páxina web, unha guía básica para comezar calquera proxecto en liña.

 

O mércores 26 celebraranse outros dous cursos, o primeiro ás 12 horas titulado  Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 II, da man de Manuel Freire, experto universitario en robótica para explicar os posibles riscos de Internet e as  contramedidas que lles axudarán a estar máis protexidos na rede. E o segundo, ás 18 horas, abordará a Introdución ao inbound márketing I, a metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas do márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cunha persoa usuaria desde que coñece unha marca ata a venda final. Ofrecerá este obradoiro Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.

 

Para o xoves 27 están programados Planifica os propósitos de 2022: mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións, ás 12 horas, que tratará o teletraballo e a produtividade e será impartido por Fátima Faílde, posgraduada en Comuniación e Industrias Creativas; e Infografías, representa a información de maneira visual (18 horas), no que a deseñadora gráfica Laura Taboada amosará ás persoas participantes os tipos de infografías e as súas vantaxes par ao negocio, así como tamén como crealos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.