Jueves, 05 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 20:16:57 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Xunta adica 48.000 euros á instalación dun ascensor no CEIP Humberto Juanes

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou que desde o Goberno galego se está a facer un esforzo por garantir unhas instalacións educativas adecuadas en toda área e adaptadas ao protocolo covid-19

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse esta semana ata o CEIP Humberto Juanes de Nigrán para comprobar a finalización da instalación dun ascensor para prestar servizo a toda a comunidade educativa e especialmente aos alumnos con mobilidade reducida.

 

Unha actuación que a representante autonómica enmarcou no conxunto de obras, de maior ou menor envergadura, que o Goberno galego está a executar nos centros escolares dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios para adaptarse á nova realidade fronte a covid-19.

 

Acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares, a directora do centro, Cristina Fernández Piñeiro, e parte do equipo directivo, Fernández-Tapias salientou o compromiso do Executivo autonómico coa supresión de barreiras arquitectónicas e coa accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.

 

A Xunta investiu nos últimos anos máis de 180.000 euros en actuacións de mellora neste centro nigranés, ás que se suma agora a instalación deste elevador ao que se adicaron 48.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.