Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:03:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Iker Faure presenta hoxe o vídeo do seu primeiro single, “El Camino”

O cantante de Pereiras está respaldado por outras dúas mozas mosenses neste traballo, Antía Caride cos estilismos e Carlota Cebreiro que coprotagoniza con el o videoclip

Iker Faure achegouse esta mañá ata o Concello de Mos para realizar xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a presentación do seu primeiro single e videoclip titulado “El Camino”.

 

O single lanzouse a semana pasada e hoxe mesmo lánzase o videoclip da canción que foi gravado, na súa maioría, en localizacións do propio municipio de Mos: Camiño de Santiago, Pazo de Mos, Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, etc.

 

O mosense da parroquia de Pereiras (Campo de Eiró), Iker Faure, iniciouse no mundo da música sendo só un neno, na Escola de Música e Danza MaiSon e participando nun talent show televisivo de audiencia nacional.

 

O videoclip da canción “El Camino”, composta polo propio Iker, está protagonizado por el mesmo e por outra moza mosense, da parroquia de Dornelas, Carlota Cebreiro, e conta con deseño de vestiario e estilismos para o videoclip de Antía Caride, membro do grupo musical de Girl’s Gang, veciña e natural tamén de Pereiras como Iker. O traballo audiovisual conta con Raúl Ben como productor e Protel Vídeo na realización do vídeo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.