O PORRIÑO
Continúa a formación de autodefensa para mulleres no Porriño
Este sábado celebrarase unha nova quenda do curso de defensa persoal feminina no que as participantes aprenden técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais
O Porriño acollerá este sábado, día 29 de xaneiro, unha nova quenda do curso de defensa persoal feminina organizado pola concellería de Igualdade, en colaboración coa Policía Local, e financiado con cargo aos fondos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, as concelleiras Carolina González e Antía Carrera, o inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, e o monitor encargado de impartir a formación, Óscar Eiroa, mantiveron unha xuntanza para facer unha valoración da actividade e perfilar novas accións na mesma.
O rexedor valorou moi positivamente a iniciativa e cualificouna de “necesaria”. “Dotar ás mulleres de técnicas útiles para reducir a un agresor e escapar dun eventual ataque, así como para resolver unha agresión da mellor forma posible é de vital importancia para elas”, afirmou Lorenzo, “Saber como responder a un ataque reforza a sua seguridade tamén en si mesmas e pode evitar traxedias como as que, lamentablemente, están a acontecer”.
A actividade é gratuita e non require inscripción previa
Esta acción formativa despertou un grande interese e a demanda é proba diso. Entre 30 e 40 mulleres do Porriño e da contorna están a asistir ás clases nas que aprenden técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais.
Cabe destacar que a formación basease no sistema de Defensa Persoal Femenina Combativa da arte marcial Nihon-Tai Jitsu. “Contamos cun programa pedagóxico de base que permite que as participantes non se queden na simple memorización, senón que dispoñan das estratexias e técnicas necesarias para poder decidir de forma rápida e efectiva como responder a un ataque”, explicou Eiroa.
Durante o curso haberá sorpresas para mellorar todas as técnicas aprendidas e poder implementalas adaptándoas á situación real á que se enfrenten. Tamén aprenderán a actuar ante un ataque con arma branca, instrumento perigoso ou incluso arma de fogo -levando armas simuladas os axentes da Policía Local para que as alumnas aprendan as técnicas necesarias- e a usar un aerosol de defensa persoal.
Lembramos que as clases son gratuitas e non é preciso inscripción previa. Imparténse en dúas quendas mensuais, a próxima delas este sábado de 10h a 12h no ximnasio Jo-vhen Sport. É preciso acudir con roupa cómoda ou deportiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49