GALICIA
Feijóo anuncia o nomeamento de martina aneiros como delegada territorial en Ferrol
Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial da Xunta en Ferrol e incidiu no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 millóns de euros en 2021.
Logo de lembrar a traxectoria profesional de Martina Aneiros, Feijóo salientou “o cumprimento estrito da Xunta cos compromisos con Ferrol” como un dos retos que ten por diante a nova delegada e, nesa liña, aseverou que “hoxe damos un paso definitivo, necesario, oportuno e proporcional á importancia de Ferrolterra na economía e na poboación galega e tamén no impacto social desta zona”.
Nesa liña, Feijóo fixo balance dos compromisos do Pacto de Estado por Ferrol, presentado no mes de maio de 2021, e recordou que “o único que non contestou foi o Goberno central”.
E incidiu en que “estamos cumprindo o Pacto de Estado por Ferrol nas competencias autonómicas”, salientando que o Goberno galego investiu 80,3 millóns de euros no ano 2021 na consolidación dos servizos públicos; na mellora de infraestruturas e comunicacións; a recuperación das empresas, autónomos e empregos, e na modernización e mellora competitiva dos principais sectores da área territorial.
Máis polo miúdo, Feijóo puxo en valor que “Ferrol é prioritario na ampliación e modernización do seu hospital. O único límite é o mantemento da actividade asistencial coas novas obras de ampliación e reforma dos edificios existentes. Esta obra non ten límite orzamentario. Todo o que se poida executar, se pagará durante o ano 2022.”
Destaca que o EmpregaNAV alcanza un investimento de 1,1 M€ en Ferrol e conta coa participación de 160 traballadores que asistiron a 25 cursos de formación en 2021, que se sumarán a outras 58 actuacións ao longo deste ano
A maiores, o presidente da Xunta abordou a creación dunha nova residencia de maiores e a reforma do centro de Caranza; os investimentos nas estradas San Sadurniño-Ortigueira, Valdoviño-Cedeira e na tramitación da VAP; o reforzo das medidas de posta en valor do patrimonio natural, e medidas en materia turística como o Plan de Sostibilidade do Xeoparque de Cabo Ortegal ou a entrada en funcionamento dun novo albergue para peregrinos na Casa do Mar.
En relación aos sectores estratéxicos, o Goberno galego impulsou a creación do Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA) e solicitou a participación da Xunta no Consello de Administración de Navantia. “No eido do mar, seguimos traballando na mellora das zonas de marisqueo e iniciamos o deseño dun polo de innovación tecnolóxica en enerxías renovables mariñas e almacenamento”, engadiu.
Área Rexurbe
E, para seguir traballando no cumprimento dos compromisos do Goberno galego con Ferrolterra, o Consello aprobou hoxe declarar Ferrol Vello como a sexta Área Rexurbe da Comunidade. O ámbito declarado abrangue máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas.
O presidente da Xunta explicou que entre as medidas concretas previstas están: a reurbanización de varias rúas para actualizar as infraestruturas; mellorar esteticamente a contorna, e a posta en valor da casa de Carvalho Calero para un novo equipamento sociocultural. E, no eido económico, promocionarase o Camiño Inglés para impulsar o destino ría de Ferrol, potenciaranse as tendas de proximidade para recuperar o comercio e implantaranse solucións en vivenda para achegar os mozos ao centro histórico.
Con respecto ao Programa Rexurbe, xa consolidado na cidade, lembrou que a Xunta leva investidos 1,7 M€ na compra de 19 propiedades, a redacción de proxectos e a construción dun inmoble; e 8,7 M€ están previstos para as 5 obras adxudicadas ou licitadas; 7 pendentes de licitación, e 5 actuacións coa redacción do proxecto xa licitada.
Programa EmpregaNAV
En materia de emprego, Feijóo destacou o desenvolvemento do programa EmpregaNAV, cuxo obxectivo é reinsertar aos traballadores da industria auxiliar afectados por un ERE. Deste xeito, dixo, melloramos a capacitación e a colocación no mercado laboral de 500 desempregados que perderon o seus traballos entre maio de 2019 e febreiro de 2020, incidindo principalmente nas comarcas de Vigo e Ferrol.
Segundo detallou o titular do Goberno galego, en Ferrol o EmpregaNAV alcanza un investimento de 1,1 M€ e conta coa participación de 160 traballadores que asistiron a 25 cursos de formación en 2021, que se sumarán a outras 58 actuacións ao longo deste ano.
Avanza a creación dun polo do emprendemento no rural da comarca e unha senda peonil e ciclista que mellore a integración entre o porto e a cidade
O Plan elaborouse a medida dos traballadores incluíndo un seguimento personalizado e o desenvolvemento de 6 programas: diagnóstico da situación do traballador; entrevistas individuais; obradoiros informativos; formación a través de cursos; detección de necesidades de persoal en empresas e novas oportunidades para o emprendemento; e apoios económicos para incentivar a participación.
Polo de emprendemento rural e senda litoral
Nesa liña de xerar emprego de calidade en Ferrol, a Xunta vai crear un polo de emprendemento no rural na comarca para: potenciar a creación de negocios e xerar emprego de calidade; impulsar o emprendemento feminino, e modernizar o rural a través da implantación de medidas innovadoras.
Finalmente, Feijóo informou sobre o proxecto para impulsar, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Ferrol, unha senda peonil e ciclista que conecte A Ranita con A Malata e mellore a integración entre o porto e a cidade. Precisará dun investimento de 3,75 M€ e contempla actuacións como: a humanización da Estrada Baixa do Porto coa creación desta senda; o impulso a un aparcamento disuasorio con 61 prazas para paliar o déficit existente, e outras obras complementarias de mellora da accesibilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11